Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

A Sociedade de Beneficencia Naturais de Galicia, foi fundada o 31 de decembro de 1871, por unha xunta preparatoria presidida por Ambrosio Tomati e Pedro Lago, que foron sustituidos por Juan Mes e Joaquín Prieto, elexidos con carácter definitivo naquela xuntanza. Outros fundadores foron figuras destacadas na sociedade habanera daquel entón nos negocios, como José L. Echaniz, Joaquín Vázquez, Francisco García Carrera, Melchor Suárez, Hipólito Carcagno, Juan Cabanas, Julián Rodríguez, Eduardo Escariz, Leopoldo Iglesias, Ramón Mesias, Angel González, José Rodríguez, Manuel Pereira, Juan Manuel González, Toribio Ripamontty, José Novoa, Juan Gorva, Francisco Armadas, Manuel Amor, Leopoldo Medina, Andrés Soto, José Antonio del Río, Policarpo Sanz y Soto entre outros.

Esta institución, logo da fundación do «Centro Gallego» de La Habana, estivo estreitamente ligada ao mesmo centro, instalándose nunha das súas oficiñas e ocupando en propiedade un local do seu edificio, podendo empregar as súas salas para organizar os actos patrocinados en común e actividades sociais específicas. Na sede do Centro Gallego seguen disponiendo dun local propio, onde se brinda un servizo diario de atención ao público.
A creación desta entidade responde ao obxectivo de agrupar a todos os galegos residentes na illa, que por aquel entón carecían de recursos, debido a que non existía naquel momento unha institución que os puidera socorrer monetariamente e brindarlles a atención que necesitaban, encontrándose desamparados e en moitos casos sen familia nin coñecidos, que puideran atendelos. A súa fundación supón pois, a primeria asociación galega constituída en Cuba con fins asistenciais, e conta na actualidade cun mausoleo construido en mármol negro onde se reflicten os escudos das catro provincias galegas.
A entidade obtivo o recoñecemento da galeguidade o 23 de Janeiro de 1991, segundo Decreto 13/1991 do 11 de xaneiro (D.O.G. nº 15, do 22/01/91).
Esta sociedade tiña inscritos un total de 2.928 socios, dos cales 314 son galegos.